O proxecto Mel Aialma nace nun recuncho da provincia de Ourense no pequeno pobo de Souteliño (Laza), situado nesa Galicia profunda onde a natureza forma parte do noso día a día.
Somos unha familia adicada a apicultura que comezamos a crer que vivir no rural e do rural é posible.
Creamos produtos de calidade ede cercanía, sostibles co medio quenos rodea e coa ilusión de dalos acoñecer en toda Galicia.
Os nosos apiarios están rodeadosde natureza, soutos de castiñeiros,carballeiras, e monte baixo, floraautóctona e salvaxe da que sealimentan as nosas abellas, e iso nótase no mel que producimos.
O deseño dos nosos envases é unha mistura de tradición e cultura.
O nome de Aialma fai referenza ao galego antigo, o das nosas avoas,
esa maneira de falar que non queremos que se perda. Aialma, fai tamén referenzaá paixón de facer as cousas e a esenza do lugar no que vivimos.
Tamén facemos referenza aos peliqueiros de Laza, figura insigne da nosalocalidade, lembrando a importancia que o Entroido cobra en tódalas casas donoso concello.
Por último, os deseños das abellas e da Lúa fan son o símbolo de antigas lendasque vencellaban as almas das persoas con estes elementos ao longo de moitosterritorios celtas. Facemos homenaxe así aos nosos antergos que nos ensinaron estemarabilloso oficio e tamén o amor pola nosa terra.