Producimos dúas variedades de mel
Mel monofloral de castiñeiro en envases de 500g
Un mel especialmente saboroso. Que nos fai lembrar a madeira e á flor do castiñeiro (pode resultar amargo e incluso salgado). Ten ademais un cheiro moi característico e penetrante que nos transporta aos soutos do noso pobo de Souteliño.
Premios:
- 3º premio Mellor mel de Castiñeiro de Galicia. Concurso Meles 5 Estrelas. Asociación Galega de Apicultura (2021)
- Plata nos London Honey Awards (2022)
- Recomendada na sección de meles de Castiñeiro no concurso de Mieladictos (2022)
Mel monofloral de silva en envases de 500g
Un mel que non deixa indiferente. De cor clara e de cristalización rápida, ten un gusto floral e afrutado.
Este tipo de mel, co paso do tempo pode separarse en fases, pero non afecta á súa calidade.
Mel multifloral en envases de 500g e 1 kg
Ten tamén un alto porcentaxe en castiñeiro, pero á súa vez ten outras variedades de plantas autóctonas como as uces e especialmente o rebolo ou cerquiño que lle confire un tono escuro e un sabor máis especiado.
Premios:
- 3º premio Mellor mel multifloral de Galicia. Concurso Meles 5 Estrelas. Asociación Galega de Apicultura (2022)