Da Galiza Profunda

O proxecto Mel Aialma nace nun recuncho da provincia de Ourense, no pequeno pobo de Souteliño (Laza), situado nesa Galiza profunda onde a natureza forma parte do noso día a día.

Somos unha familia dedicada a apicultura que cremos que vivir no rural e do rural é posible. Creamos produtos de calidade e de cercanía, sostibles co medio que nos rodea. Os nosos apiarios están rodeados de natureza, soutos de castiñeiros, carballeiras, e monte baixo, flora autóctona e salvaxe da que se alimentan as nosas abellas, e iso nótase no mel que producimos.