Mel Aialma acada o Terceiro Premio no concurso Meles 5 Estrelas

A AGA (Asociación Galega de Apicultura fallou os premios do concurso ⭐️ Meles 5 Estrelas ⭐️ onde se escolleron os mellores meles de Galiza.

Mel Aialma acadou o terceiro posto 🥉 na categoría de mel monofloral de Castiñeiro
🍯🌳🌰
Unha nova que nos enche de ilusión e nos dá folgos para seguir adiante.

Agradecer a AGA a organización do concurso e ás nosas abellas polo seu traballo.
🐝🐝🐝🐝🐝🐝🐝🐝🐝🙏🏽
E tamén os nosos parabéns para todos os meles premiados, xa que detrás deles sabemos que hai grandes persoas con bonitos proxectos, loitando por un Rural Vivo! ✊🏽